As lámpadas FASE son sen dúbida unha icona do deseño español dos anos sesenta e setenta. Se escribimos a marca Fase nun buscador da internet, poderemos ver que seguen moi vivas, existen establecementos dedicados case que en exclusiva á súa compra e venda, as webs de segunda man ofrecen gran cantidade de modelos e son moitas as persoas do mundo do deseño ou da decoración, que nun ou outro momento teñen se referido a estas lámpadas.
A boa calidade destas lámpadas, fai que os danos que adoitan presentar sexan os normais despois de corenta anos; deterioro dos cromados, golpes, rozaduras na pintura e rotura docristal dos difusores. Son pezas coas que é un pracer traballar e a súa restauración é moi agradecida, xa que recuperan todo o seu esplendor. Na maioría das restauracions de lámpadas FASE que fixemos, os traballos centrabanse na recuperación dos cromados así coma a
reparación de boios e danos na pintura.
Nalgunhas ocasións, foi preciso fabricar aros centradores para os difusores de vidro ou repoñer e axustar algunha bola nos mecanismos de rotación das bases xiratorias.


Ningún comentario:
Publicar un comentario