Somos un obradoiro artesán, adicamonos á metalistería, pero cando nos preguntan a qué nos adicamos, gústanos dicir que a solucionar problemas. O certo é que lago:monroy ten varias facetas, unha é o deseño e fabricación de pezas propias ou de terceiros e outra desas facetas é a restauración, e de esta é da que imos falar neste blogg.
A nosa especialidade son as lámpadas, temos restaurado lámpadas de prata con douscentos anos de antigüidade e lámpadas de deseño contemporáneo, lámpadas de igrexas de 2,5 metros de diámetro e lámpadas de sobremesa que case caben nun peto, lámpadas de carburo ou lámpadas con tecnoloxía LED.
Podemos dicir que polas nosas mans pasaron case que todo tipo de lámpadas. A pesares de seren metalistas, o feito de especializarnos na restauración de lámpadas, obrigounos a traballar con outros materiais coma o vidro, a cerámica, madeira, téxtil, metacrilato, etc...Pero como xa dixemos anteriormente, da restauración de lámpadas tamén pasamos a restauración de outros obxectos metálicos, coma son diversas pezas decorativas de latón ou metal branco, paraugueiros de latón, pomos , tiradores de portas, pezas de liturxia como incensarios, navetas, cruces, sagrarios, etc.. , e incluso mobiliario coma estanterias e mesas de latón. Nas vindeiras publicacións imos tentar afondar nalgunhas desas restauracións para achegarvos curiosidades, solucións e procesos das mesmas.


Ningún comentario:
Publicar un comentario