Amosando publicacións coa etiqueta Restauración de lámparas Nigrán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Restauración de lámparas Nigrán. Amosar todas as publicacións

mércores, 21 de outubro de 2026

Quen somos e qué facemos.

Somos un obradoiro artesán, adicamonos á metalistería, pero cando nos preguntan a qué nos adicamos, gústanos dicir que a solucionar problemas. O certo é que lago:monroy ten varias facetas, unha é o deseño e fabricación de pezas propias ou de terceiros e outra desas facetas é a restauración, e de esta é da que imos falar neste blogg. 

En lago:monroy levamos restaurando lámpadas e outros obxectos metálicos  dende 1995.
 A nosa especialidade son as lámpadas, temos restaurado lámpadas de prata con douscentos anos de antigüidade e lámpadas de deseño contemporáneo, lámpadas de igrexas de 2,5 metros de diámetro e lámpadas de sobremesa que case caben nun peto, lámpadas de carburo ou lámpadas con tecnoloxía LED.
Podemos dicir que polas nosas mans pasaron case que todo tipo de lámpadas. A pesares de seren metalistas, o feito de especializarnos na restauración de lámpadas, obrigounos a traballar con outros materiais coma o vidro, a cerámica, madeira, téxtil, metacrilato, etc...Pero como xa dixemos anteriormente, da restauración de lámpadas tamén pasamos a restauración de outros obxectos metálicos, coma son diversas pezas decorativas de latón ou metal branco, paraugueiros de latón, pomos , tiradores de portas, pezas de liturxia como incensarios, navetas, cruces, sagrarios, etc.. , e incluso mobiliario coma estanterias e mesas de latón. Nas vindeiras publicacións imos tentar afondar nalgunhas desas restauracións para achegarvos curiosidades, solucións e procesos das mesmas.