Servizos de Restauración

 Somos especialistas en Restauración de Lámpadas.

Restauramos todo tipo de lámpadas , dende lámpadas domésticas ata lámpadas de gran formato, de pazos ou catedrais. 


Facemos restauracións completas, recuperación dos acabados superficiais, ben sexa mediante pulido, limpezas ou lacados. 


Reparación ou substitución da parte eléctrica coma portalámpadas, cables ou compoñentes electrónicos.

Substitución dos engarces en lámpadas de cristal, encasquetado de brazos de cristal, achega de repostos de abelorios .

Restauración de obxectos litúrxicos coma navetas, cruces, incensarios, acetres, sagrarios, lámpadas votivas, candeeiros, ciriais,....de latón, bronce, metal branco ou prata.


Restauración de ferraxes coma bisagras, tiradores de portas, pomos e en xeral todo tipo de pezas metálicas.


Restauración de móbeis de metal, mesas, andeis, cabeceiros de cama,....

Restauración e recuperación de obxectos de uso, ferramentas ou maquinaria tradicional para coleccionismo ou uso decorativo.



Fundición de pequenas pezas de latón ou aluminio para reposición de partes desaparecidas ou moi danadas en distintas restauracións.



Ningún comentario:

Publicar un comentario